Benvidos
DOA é xoiería contemporánea de formas frescas e atemporais que foxen de modas e imposicións pasaxeiras.
DOA é deseño que nace das xeometrías básicas presentes en todo aquilo que nos envolve para convivir en perfecta harmonía coa túa pel.
DOA é un proceso de elaboración totalmente artesanal que permite mimar cada un dos detalles, desde a fase de deseño ata os acabados de cada peza.
DOA concentra en cada xoia as experiencias, os retratos e as paisaxes vividas ó longo dos anos: un imaxinario bañado por augas tan diferentes como son as do Mediterráneo, o Cantábrico ou o Atlántico, tan diferentes pero ó fin e ó cabo todas elas auga.
DOA é fusión de contrastes trenzados ó longo de xeografías diversas: o sol, a chuvia, os cultivos, o Camiño de Santiago, o salitre, a pel curtida, o Románico fronte á cidade, a siderurxia, o formigón, a arte contemporánea, a arquitectura. Tradición fronte a modernidade.
DOA é en cada colección unha lembranza, unha secuencia parada no tempo, ó xeito de fotografías transformadas en pequenas esculturas que se adaptan ó corpo.