Lois Vilariño

Bilbao 1965

Despois de pasar toda a infancia en Bilbao, o ano 1981 trasládome a Melide (A Coruña), unha vila en pleno Camiño de Santiago. É aí onde me inicio, a finais dos anos 80, no mundo da xoiería, nun pequeno taller artesanal.

No ano 1992 vou vivir a Barcelona e empezo a traballar na empresa Joiells, onde son deseñador de 2001 a 2011. Entre os anos 1994 e 1998 curso estudos de xoiería na Escola d'Arts i Oficis de la Diputació de Barcelona (Escola Industrial).

Desde o 2000 compaxino o traballo en Joiells cun estudio propio dedicado á xoia de autor, iniciando unha colaboración estreita coa galería Noroeste de Santiago de Compostela.

Será no ano 2011 cando empezo a forxar este proxecto chamado DOA, que por fin ve a luz en outubro de 2012.




Lois Vilariño

EXPOSICIÓNS

1990
Museo da Terra de Melide, Melide (A Coruña).

1995
«Enjoia't». Galeria Contrast, Barcelona.
«Mostra de joieria». Escola Industrial, Barcelona.

1996
Barnajoia, Barcelona.

1997
«Joies d'autor». Xufré, Badalona. Barnajoia, Barcelona.

1998
«Stripart». Centre Cívic Guinardó, Barcelona.;Barnajoia, Barcelona.
«Mostra de xoiería». Mestre Mateo, Santiago de Compostela.

1999
Col·lectiu Meltingpot. Biblioteca Sant Pau-Santa Creu, Barcelona.

2001
«Encadena't».Primavera del Disseny, Barcelona.
«Nomes propios». Galería Noroeste, Santiago de Compostela.



2003
«Anacos. Fotografías de Manuel Sendón». Galería C5,Santiago de Compostela.
«Anella't». Any del Disseny, Barcelona.

2007
«Escola Industrial. 90 anys-90 obres». Diputació de Barcelona.

2008
Joiells, Puigcerdà (Girona).

2008-2010
«Galicia 25. Unha cultura para o novo século». Exposición itinerante del Consello da Cultura de Galicia: Caixanova, Vigo (2008) /Caixanova, Pontevedra (2009) / Centro Cultural Herrerías, O Ferrol (2009) /Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela (2009) / Caixanova, Ourense (2009) / Deputación de Lugo, Lugo (2009) / Pazo de Exposicións e Congresos, A Coruña (2010).